
Volvendo á preparación dos actos do vindeiro domingo, dicir que estes comezarán ás 11,30 horas cunha ofrenda floral e un recitado de versos de Celso Emilio e de Curros Enríquez diante do monumento do primeiro, con motivo do seu 34 cabodano. Esta parte do acto contará coa participación musical do grupo de gaitas do Concello de Celanova.
Ás 12 horas, acompañados polos sons do grupo de gaiteiros celanovés terá lugar un cortexo cívico ata o Auditorio Municipal Ilduara de Celanova onde se desenvolverá o acto solemne de entrega do premio que nesta ocasión contará coa presencia da Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, continuando coa tradición iniciada coa apertura da casa museo de convidar para este día a un representante institucional para presidir a mesa de entrega do premio e a clausura do acto. Nesta ocasión, o acompañamento musical do acto solemne de entrega do premio correrá a cargo do Dúo D’Acord, formado pola acordeonista e profesora do Conservatorio de Música de Ourense, Celia Adrián, e a violinista Ana María Davó. A xornada rematará cunha vista á Casa dos Poetas onde volverán soar os acordes do grupo de gaitas do Concello de Celanova.
R recibe este domingo o recoñecemento da Fundación Curros Enríquez pola súa defensa da lingua e cultura galegas
Compartir Este Artigo

