120 millóns de euros de sanción a X por incumprir as obrigas de transparencia
venres, 5 de decembro do 2025
A Comisión Europea impuxo hoxe unha multa de 120 millóns de euros á plataforma X por vulnerar diversas obrigas de transparencia recollidas na Lei de Servizos Dixitais (DSA). Segundo Bruxelas, a compañÃa incumpriu a normativa ao empregar un deseño enganoso no distintivo azul, manter un repositorio publicitario opaco e impedir o acceso dos investigadores aos datos públicos da plataforma.
A Comisión sinala que o uso do distintivo azul para contas supostamente verificadas constitúe unha práctica enganosa. A dÃa de hoxe calquera usuario pode pagar para obter ese status sen que X comprobe de maneira efectiva quen está detrás da conta, o que, ao xuÃzo das autoridades europeas, dificulta que os usuarios poidan valorar a autenticidade dos perfÃs cos que interactúan. Este mecanismo, segundo o executivo comunitario, expón os usuarios a calotes e suplantacións de identidade e vulnera a prohibición expresa de deseños enganosos establecida pola DSA. Bruxelas lembra que a lei non obriga a verificar identidades, pero si impide afirmar que un usuario está verificado cando non existe tal comprobación.
O repositorio de publicidade da plataforma é outro dos elementos cuestionados. A Comisión conclúe que non cumpre os requisitos de transparencia e accesibilidade previstos na normativa. Entre os problemas detectados figuran barreiras de acceso, atrasos excesivos no procesamento e a ausencia de información esencial como o contido e a temática dos anuncios ou a identidade da entidade pagadora. Estes déficits dificultan que investigadores e sociedade civil poidan detectar campañas de desinformación, operacións coordinadas ou publicidade fraudulenta.
O terceiro incumprimento afecta ao acceso dos investigadores aos datos públicos da plataforma. Segundo a análise da Comisión, X impón condicións que na práctica imposibilitan o acceso independente a eses datos, incluÃda a prohibición de técnicas de scraping. Tamén critica a existencia de procesos que introducen obstáculos innecesarios e impiden avanzar en estudos sobre riscos sistémicos dentro da Unión Europea.
A multa, a primeira decisión formal de non cumprimento baixo o DSA, foi calculada atendendo á natureza das infraccións, ao seu impacto nos usuarios europeos e á duración dos feitos.
A partir de agora, X dispón de 60 dÃas laborables para comunicar as medidas que adoptará para corrixir o uso enganoso do distintivo azul. Ademais, conta con 90 dÃas laborables para presentar un plan de acción que detalle os cambios necesarios no repositorio publicitario e no acceso aos datos públicos da plataforma. A Xunta de Servizos Dixitais emitirá o seu ditame nun prazo dun mes tras recibir ese plan, e a Comisión terá outro mes adicional para emitir unha decisión definitiva e fixar un calendario de implementación.
Bruxelas advirte de que o incumprimento destas obrigas poderÃa derivar en penalizacións periódicas. As investigacións relativas á difusión de contido ilegal e ás medidas para combater a manipulación informativa continúan abertas desde decembro de 2023.
