Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

S. P.
Publicado: 24/11/2026
13 Min de Lectura
Compartir
13 Min de Lectura

Vitae Consultores conta para o seu labor formativo con algúns dos principais referentes da investigación e a docencia tecnolóxica galega. É o caso de Carlos J. Escudero, que imparte estes días un curso centrado nos nosos profesionais dixitais e nas aplicacións avanzadas da IA xenerativa. Carlos é enxeñeiro de Telecomunicación, doutor en Informática e catedrático na área de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade da Coruña, amais de investigador do CITIC, cunha traxectoria de máis de 30 anos en docencia, investigación, innovación e xestión universitaria. Segundo avanza, a idea destas formacións desenvolvidas coa consultora Vitae é “aproveitar estas ferramentas para traballar mellor, mantendo o criterio e a responsabilidade sobre os resultados”.

-Carlos estás a impartir sobre as posibilidades da IA xenerativa encadrado na actividade da consultora galega Vitae. Nel pos o foco en como converter aos asistentes en profesionais dixitais IA. A intelixencia artificial está aquí para quedar e temos que convivir con ela na empresa e mesmo tirarlle proveito?

-Si, pero penso que a pregunta importante para unha empresa non é se debe usar intelixencia artificial, senón para que lle pode resultar útil. Incorporala porque está de moda non garante ningunha mellora. O punto de partida debería ser un problema concreto: documentación que custa consultar, información dispersa, tarefas repetitivas ou procesos nos que dedicamos demasiado tempo a preparar materiais e pouco a traballar sobre eles.

No curso con Vitae, o enfoque foi precisamente aprender a integrar estas capacidades no traballo profesional. Por exemplo, pasar de ter unha colección de documentos a poder consultar o seu contido, contrastar información e preparar unha primeira análise. Iso require algo máis que abrir unha ferramenta e escribir unha pregunta. Hai que organizar a información, definir o que se quere conseguir e decidir como se vai comprobar o resultado.

Para min, un profesional dixital que traballa con IA non é alguén que delega o seu criterio nun sistema. É alguén que coñece o seu ámbito e aprende a empregar estas ferramentas para ampliar o que pode facer. A responsabilidade sobre o obxectivo e sobre o uso do resultado segue sendo nosa.

-Pódese dicir que con este curso contribúes a poñer orde e clarificar conceptos nunha materia (a IA aplicada ás empresas) que por momentos achega máis dúbidas que certezas, e incluso máis inquietudes que seguridades?

-Esa é unha das intencións. Hai moita información arredor da IA, pero non sempre axuda a comprender como utilizala. Mestúranse demostracións espectaculares, promesas comerciais e conceptos que parecen equivalentes e non o son. Iso pode provocar tanto expectativas excesivas como un rexeitamento que impida descubrir usos realmente valiosos.

Eu prefiro partir de situacións prácticas e comparar. Non é o mesmo facerlle unha pregunta xeral a un asistente que pedirlle unha resposta baseada nos documentos dunha organización. Tampouco é o mesmo achegar uns ficheiros nunha consulta puntual que preparar unha base de coñecemento que se poida manter e consultar ao longo do tempo. Se facemos as mesmas preguntas con distintas aproximacións, podemos observar que cambia, que información se recupera e onde aparecen os erros.

O obxectivo non é memorizar nomes de ferramentas nin coleccionar instrucións que supostamente funcionan sempre. Interésame que queden uns fundamentos que se poidan aproveitar con independencia da ferramenta ou do axente de IA que utilicemos. Nun campo que avanza a un ritmo vertixinoso, necesitamos unha base sobre a que seguir construíndo coñecemento, non quedar só no manexo dunha aplicación concreta, que pode cambiar ou quedar obsoleta en pouco tempo. Esa base é a que nos permite construír un criterio que siga sendo útil cando cambien as aplicacións: entender as posibilidades, pero tamén recoñecer cando unha resposta non está suficientemente fundamentada ou cando unha tarefa necesita outro procedemento.

-Que impacto cres que ten a día de hoxe a intelixencia artificial no sector TIC a nivel global? E en Galicia?

-Na miña opinión, o cambio no sector TIC vai máis alá de escribir código máis rápido. Estas ferramentas poden intervir na análise dun problema, na elaboración de documentación, nas probas ou na exploración de alternativas. Iso modifica a maneira de distribuír o traballo e obríganos a revisar que competencias necesitamos reforzar.

Saber formular ben un problema, comprender o contexto dunha organización e avaliar unha solución cobra aínda máis importancia. Producir unha proposta pode resultar máis doado, pero decidir se resolve o problema, se é segura e se se pode manter segue esixindo coñecemento. Non confundiría, por tanto, a capacidade de xerar resultados coa capacidade de asumir todo un traballo profesional. Tampouco reduciría o debate a unha predición sobre cantos postos desaparecerán: interesa analizar que tarefas cambian e como acompañamos as persoas nese cambio.

En Galicia vexo unha oportunidade na conexión entre o coñecemento que se xera na universidade e nos centros de investigación e as necesidades das empresas, tamén das pequenas. Desde a miña experiencia na UDC, no CITIC e na formación de profesionais, paréceme especialmente importante esa transferencia. O reto non é reproducir unha demostración chamativa, senón adaptar as solucións a problemas reais e comprobar que achegan valor. A formación e a colaboración entre estes ámbitos poden facilitar ese paso.

-Nos obxectivos do curso sinalas que a IA xenerativa xa permite analizar documentos, organizar información, automatizar tarefas e consultar coñecemento. Con todo, sinalas que obter resultados útiles e que teñan fiabilidade é unha cuestión diferente. Cal é o segredo da cuestión? A IA xenerativa a nivel empresarial pode meternos nunha faena?

-Si, pode meternos nunha faena se confundimos unha resposta convincente cunha resposta correcta. A fluidez coa que escribe un sistema pode levarnos a darlle unha confianza que aínda non gañou. Pode inventar un dato, interpretar mal un documento ou omitir unha condición importante. E, se automatizamos o proceso sen comprobacións, tamén podemos repetir o mesmo erro a maior escala.

Non hai un segredo único nin unha instrución máxica. A fiabilidade depende de como se organiza todo o traballo: que información lle proporcionamos, que tarefa lle pedimos, que fontes pode consultar e como revisamos o resultado. Por exemplo, se queremos extraer información dunha serie de documentos, non chega con recibir unha lista de datos ben presentada. Convén pedir que cada dato se poida localizar na súa fonte e contrastalo antes de utilizalo nunha decisión. Achegar documentos pode mellorar a fundamentación, pero non elimina a necesidade de verificar.

Tamén debemos coidar que información introducimos e en que contorna a estamos tratando. Non se pode dar por feito que calquera ferramenta é axeitada para datos confidenciais dunha empresa ou dos seus clientes. E o nivel de supervisión debe depender das consecuencias dun erro: non é o mesmo preparar unha idea inicial para un texto que apoiar unha decisión con efectos sobre persoas, contratos ou recursos. Ademais, non falamos só de boas prácticas: o Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial, coñecido como RIA, xa establece obrigas para a súa implantación e uso. Por exemplo, esixe aos provedores e ás organizacións que utilizan sistemas de IA adoptar medidas para desenvolver a alfabetización en IA do seu persoal, tendo en conta o contexto de uso. As obrigas concretas dependen do sistema e do papel da organización; non son idénticas para todos os usos. O coñecemento profesional é o que permite establecer esas diferenzas e poñer os controis adecuados.

-Cres que podemos ser mellores profesionais co apoio destas ferramentas? En que pode mellorar o noso día a día e en última instancia a nosa calidade de vida?

Creo que si, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender. A motivación por comprender e o coñecemento do propio ámbito son moi importantes. Canto mellor entendemos un asunto, mellor podemos preguntar, orientar o traballo e distinguir unha achega útil dunha resposta que só parece boa.

No día a día podemos dedicar menos esforzo a preparar unha primeira versión, ordenar información ou localizar contidos, e máis a interpretar, decidir e crear. Pero o que máis me interesa non é só facer máis rápido o que xa faciamos. É poder abordar proxectos que antes descartabamos porque requirían un tempo ou uns medios dos que non dispoñiamos. A IA pode axudarnos a explorar unha idea, aprender algo novo e avanzar nun traballo que, doutro xeito, quedaría pendente.

A mellora da calidade de vida, en cambio, non é automática. Se todo o tempo que aforramos se converte en máis tarefas e máis presión, estaremos perdendo parte da oportunidade. Tamén temos que decidir como queremos utilizar ese tempo: para traballar con máis atención, seguir formándonos ou dispor de máis espazo para a vida persoal. A IA debería axudarnos a traballar mellor, non simplemente a traballar máis.

Traxectoria do entrevistado

Carlos J. Escudero, enxeñeiro de Telecomunicación, doutor en Informática e catedrático na área de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade da Coruña, amais de investigador do CITIC, cunha traxectoria de máis de 30 anos en docencia, investigación, innovación e xestión universitaria.

Desempeñou diferentes responsabilidades de dirección e xestión, entre elas as de adxunto ao reitor en TIC, coordinando os servizos de informática e comunicacións da Universidade da Coruña, director do Departamento de Electrónica e Sistemas e vicedecano de Infraestruturas da Facultade de Informática. Esta experiencia permitiulle combinar unha sólida visión tecnolóxica co coñecemento práctico dos procesos de transformación dixital e de xestión de infraestruturas e servizos TIC en organizacións complexas.

A súa actividade investigadora desenvolveuse principalmente nos ámbitos do procesado de sinal, comunicacións dixitais, redes sen fíos, sistemas de localización e tecnoloxías da información. Dende 2007 é investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), onde liderou diversos proxectos relacionados con comunicacións sen fíos.

Á súa traxectoria académica suma experiencia empresarial e de transferencia tecnolóxica como emprendedor, investigador e consultor, participando como socio fundador en empresas tecnolóxicas como Nomasystems e Sevenix Enxeñería.

Nos últimos anos centrou parte do seu traballo nos sistemas de IA xenerativa axéntica, a xestión estruturada do coñecemento e a aplicación práctica destas tecnoloxías en organizacións. O seu enfoque como formador combina rigor técnico, claridade didáctica, experiencia en xestión tecnolóxica e unha marcada orientación cara a casos de uso reais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?