Todo o que quixo saber sobre Copyleft e nunca se atreveu a preguntar. Non é ese o título do manual que presentamos nesta nova, pero podería selo, sobre todo tendo en conta que, tal e como sinalan os responsables do proxecto (a Editorial Traficantes de Sueños) aínda quedan moitas cuestións por aclarar e moitas preguntas por responder sobre este xeito nada novo (tan antigo como as primeiras manifestacións artísticas) de entender a cultura, a cultura libre.
Máis adiante, os responsables do manual pendurarán na Rede unha “coidada versión html”. A edición en papel pode mercarse por 10 nas librarías. Cómpre subliñar, para que non estea ó tanto destes asuntos, que Copyleft é un tipo de licenza para documentos que permite a súa reprodución libre ó tempo que garante ó autor o recoñecemento e o prestixio da súa autoría.
Unha liberdade de reprodución que permite unha difusión vírica do documento para chegar a un público moito maior. A Free Documentation License (GFKL) ou Copyleft forma parte do movemento GNU (Linux, Mozilla…) e aínda que inicialmente xurdiu para ser aplicada á documentación do software libre, tamén se pode aplicar a calquera documento escrito, un libro, un artigo…
Pendurado na Rede un manual de emprego sobre Copyleft
Compartir Este Artigo
