Os televisores están a vivir toda unha revolución tecnolóxica, que comezou coa aparición dos formatos panorámicos e que agora enfronta ás tecnoloxías LCD e plasma, pero que van ter que facer sitio a outra nova tecnoloxía impulsada por Canon e Toshiba, que anuncian que para 2007 lanzarán o primeiro televisor baseado en tecnoloxía SED que terá un tamaño de 55 polgadas e será fabricado por Toshiba.
A tecnoloxía SED consume a metade da enerxía que o plasma, e incluso menos que as pantallas LCD, pero destaca que ten unha duración semellante ós televisores CRT (ou de tubo), un contraste de 50.000:1 e un tempo de resposta de 1 ms., ou sexa, que supera en prestacións ás novas pantallas planas a un prezo competitivo.
As dúas compañías afirman que investiron 200.000 millóns de iens (1.336 millóns de euros) para desenvolver esta nova tecnoloxía que presenta pantallas máis delgadas, grandes e claras que poderán revolucionar o mercado trala consolidación das tecnoloxías de LCD e plasma, de xeito que ameazarán a posición dominante de Matsushita (Panasonic) e Samsung.
Canon e Toshiba comezarán a fabricar televisores SED en 2007
Compartir Este Artigo
