O tamaño dos televisores está a chegar a dimensións inéditas, e así a Victor Company of Japan (JVC) desenvolveu un televisor retroproxector de 110 polgadas, converténdose no dispositivo deste tipo máis grande do mundo.
A pantalla deste novo dispositivo mide 243,5 x 137 cm empregando a tecnoloxía de panel de cristal líquido reflectinte D-ILA (propiedade de JVC) e presenta resolución de 1.920 x 1.080 píxeles en formato progresivo, ou sexa, unha alta definición completa (non como a meirande parte dos televisores actuais, que só presentan unha compatibilidade cos estándares de alta definición e non a resolución de pantalla correspondente).
O novo retroproxector destaca por contar cun único compoñente de proxección e non estar formado pola combinación de varios (o que era a práctica habitual nas pantallas de grande tamaño).
Polo momento non se coñece cando o novo prototipo de JVC sen converterá nun televisor comercial (como xa pasa con outros dispositivos de grande tamaño, que incluso se fabrican só por encarga en moitos casos).
JVC presenta un prototipo de televisor de 110 polgadas
Compartir Este Artigo
