Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Blogomillo xa conta con máis de 2.000 blogs
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

O Blogomillo xa conta con máis de 2.000 blogs

Marcus Fernández
Publicado: 26/10/2006
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

2000_blogues.jpgOs blogs en galego conforman unha comunidade coñecida coma Blogomillo, que pese a estar moi discutida, está en constante crecemento, de xeito que segundo o contador automático de Blogaliza.org chegouse ós 2.038 blogs catalogados. A listaxe publica con estas bitácoras en galego ten moitos defectos (blogs repetidos, blogs desaparecidos, etc.) pero estiman que o número de bitácoras que habería que purgar é moi reducido e que tamén se compensaría de xeito doado cos blogues que aínda non aparecen (tanto por non pórse en coñecemento dos responsables de Blogaliza como por ser de moi recente creación), de xeito que podemos asegurar que se superan os dous milleiros de blogs galegos.
Ademais, a listaxe dos blogues serve tamén a xeito de ranking, pois están ordenados segundo os criterios de relevancia de Technorati, o que incrementa a súa utilidade coma un barómetro de popularidade no Blogomillo, confirmando así o éxito de Aduaneiros sem fronteiras (que lidera a listaxe), do premiado blogue de Martín Pawley, o espazo virtual do director de Xerais, Manuel Bragado ou mesmo o diario de Manuel Gago (habitual colaborador desta publicación).
Non hai que esquecer que, aparte de toda a comunidade que conforma o Blogomillo, existe todo un universo de blogs galegos en español, que acadan un importante éxito fóra da nosa terra (chega con ver a listaxe de nomeados ós BOBs), polo que habería que recoñecer que a mirada interior dos blogues galegos é unha aposta dos seus responsables que posiblemente prexudique á súa capacidade de captación de público, pero que respondería a unha necesidade de promover o galego e a nosa cultura fronte á busca do éxito na blogosfera española.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?