Unha empresa neoiorquina lanzou un novo servizo de correo electrónico baseado en web, BlueTie, con tecnoloxía AJAX de xeito que sen precisar instalación dá prestacións semellantes a unha conta de correo configurada nunha aplicación de escritorio.
A nova solución para o correo electrónico ten versións de balde e premium, pero a meirande parte dos usuarios xa están conformes coa primeira (financiada mediante publicidade), pois integra correo electrónico con control contra o correo lixo e os virus informáticos, permite compartir ficheiros, calendarios e contactos, inclúe 5 Gb de capacidade de almacenamento, permite configurar ata 20 usuarios por conta e soporta o uso dos nosos propios dominios de Internet.
Este tipo de aplicacións baseadas na web están a vivir toda unha explosión, na que dende Google ata Microsoft toman posicións para achegarse ó máximo posible ó usuarios (algo doado con ferramentas coma o correo electrónico) e os distintos provedores compiten especialmente en capacidade de almacenamento e na súa interface de usuario, elementos que BluTie ten moi coidados, polo que poderá competir sen complexos con Zimbra, GMail, Yahoo! Mail e outros servizos semellantes.
Novo webmail con 5 Gb de capacidade
Compartir Este Artigo
