Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Banco Gallego apúntase á nova liña de estratexia publicitaria cun vídeo no que se inclúe o desmaio de Lopetegui
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

Banco Gallego apúntase á nova liña de estratexia publicitaria cun vídeo no que se inclúe o desmaio de Lopetegui

Raquel Noya
Publicado: 02/11/2006
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lopetegui.jpgCo conto de que a fonte da publicidade tradicional está esgotada e de que xa non causa o impacto desexado nos destinatarios, as axencias xa non saben que facer para chamar a atención do consumidor e, ultimamente, están a recorrer moito á creación de novas campañas que simulan vídeos roubados ou montaxes con publicidade encuberta, como foi o caso de Amo a Laura ou o famoso roubo do escano de Zapatero, que case causaron febre na rede. Mais, quen o ía dicir?
lopetegui_camaras.jpgO caso é que unha entidade financeira destas terras nosas, Banco Gallego, tamén quixo sumarse a esta liña estratéxica e vén de aproveitar o vídeo no que Julen Lopetegui sufre un desmaio en directo durante o Mundial de Fútbol (con máis de 500.000 descargas en YouTube), para promover a campaña dun produto que, por certo e como non podía ser doutro xeito, leva o nome do futbolista: Depósito Lopetegui.
Baixo o título Por qué se desmayó Lopetegui, a entidade bancaria amosa o vídeo da famosa caída do ex porteiro, so que lixeiramente modificada. Nesta versión, no canto de aparecer Patxi Alonso facendo brincadeiras sobre as cousas do directo, vemos ó equipo técnico traballando para arranxar o fallo e, entre eles, a un home que sostén un cartel no que se poden ler as condicións do depósito, unhas condicións que fan esvaecer ó deportista da impresión que lle produce tal información.
A campaña foille encargada á axencia de publicidade Shakelton, e agárdase que acade unha ampla difusión grazas ós anuncios en portais dixitais, prensa e como non, ó boca a boca, que é a fin de contas a mellor publicidade que existe ata o de agora, malia as novas fórmulas máxicas descubertas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?