Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Foro pola Gobernabilidade da Internet propón unha carta dos dereitos da internet e amosa a preocupación polo excesivo peso do inglés na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

O Foro pola Gobernabilidade da Internet propón unha carta dos dereitos da internet e amosa a preocupación polo excesivo peso do inglés na Rede

Marcus Fernández
Publicado: 03/11/2006
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

onu_sen_internet.jpgA Organización das Nacións Unidas organizou nestas datas un Foro pola Gobernabilidade da Internet que parece chegar tarde, mal e arrastro, cando menos se temos en conta que a conexión Wi-Fi de balde coa que agardaban contar durante o evento non funcionou, polo que falaron da Rede sen ter acceso á mesma (non parecía un bo comezo).
Ademais, os temas a debate foron bastante tópicos, e parece que todo quedou en acordos de intencións, de xeito que fixeron unha proposta para crear unha carta dos dereitos da Internet para garantir que a Rede continúe a ser un lugar que achegue novas oportunidades á cidadanía e á democracia. Aínda así parece que este tipo de textos están totalmente baleiros de aplicación práctica, pois non esquezamos que a censura na Rede continúa presente en moitos países, mentres que outros non poden garantir o acceso ás novas tecnoloxías, polo que a carta de dereitos podería resultar tan simbólica como a dos Dereitos Humanos, carecendo dun valor práctico.
Outro tema que se debateu foi o excesivo poder dos EE.UU., que nun principio manteñen un control excesivo sobre o sistema de nomes de dominios que sostén á Internet, de xeito que incluso poderían borrar a un país da Rede, algo que aínda non realizaron, pero que resulta preocupante. Así, os EE.UU. son os únicos que poden pór e quitar dominios da Internet (de xeito que tanto rexeitan os .xxx como permiten os .travel ou os .cat) o que non parece gustar a moitos países (e, en especial, á Unión Europea). Parece así que o poder dos EE.UU. está a ser molesto a nivel internacional, posto que controlan un servizo internacional de xeito que poderían efectuar certos abusos non xustificables (e hoxe en día nin sequera predominan en número de usuarios na Rede, como pasaba hai anos).
Pero non só os nomes de dominio os dominios norteamericanos, senón que nas xornadas celebradas en Atenas amosaron a súa preocupación polo dominio do inglés nos contidos, de xeito que destacaron que o 90% das 6.000 linguas que hai no mundo non teñen presenza na Rede, polo que parece urxente a creación de contidos en linguas distintas ó inglés, para achegar á Internet ós seus falantes. Incluso citaron que durante situacións de emerxencias (tornados, tsunamis, terremotos…) é imprescindible que a información se publique na fala dos seus receptores. Así pois, a lingua en unha canle que non se pode ignorar, e non debe incrementar a fenda dixital, polo que é preciso tomar consciencia de tal problema e promover a creación de contidos nas distintas linguas de todo o mundo (aínda que non se determinaron medidas en concreto). En definitiva, moi boas palabras sobre o que se debe facer para mellorar o futuro da Rede, pero poucas cousas concretas, no que parece un debate pouco produtivo, cando menos, a efectos prácticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?