
O acto celebrado no Swedish American Hall de San Francisco serviu para xuntar ás figuras máis coñecidas do mundo dos vlogs a nivel global, aínda que houbo unha especial ausencia, a de Josh Wolf (actualmente na cadea por mor de non querer entregar ás autoridades unhas gravacións efectuadas durante unha mobilización antiglobalización) e que foi galardoado co premio ó vlog máis controvertido.
Pero non só os contidos serios e políticos resultaron agraciados polos Vloggies, xa que o humor é quizais o xénero que dá máis xogo na Internet, e que goza de máis sono, de xeito que Ask a Ninja se fixo co premio ó mellor blog de humor, aínda que outras vlogs semellantes coma It’s Jerry Time ou Galacticast se fixeron cos pemios ó mellor deseño web e ós mellores efectos especiais.
Tamén hai que subliñar o éxito de Bleeding Edge TV coma o mellor vlog tecnolóxico ou o de Blip.TV coma o mellor servizo de hospedaxe de vídeo, 
Pero os gustos do xurado non coinciden totalmente cos do público e, aínda que Alive in Baghdad fose considerado o blog máis controvertido e o mellor vlog colaborativo, non puido superior o éxito de videoblogs coma Ask a Ninja (que foi elixido coma o vlog favoito, o máis divertido e o mellor vlog de humor) ou Galacticast (mellor vlog de ficción, mellores efectos especiais e mellor deseño web).
Curiosamente Blip.TV tamén conta con boa consideración pública, o que podería resultar abraiante para os usuarios que non cheguen máis aló do YouTube ou o Google Video (pero que está xustificado polas poucas limitacións e imposicións que fan dende Blip.TV.
Ademais, o público tamén recoñeceu o éxito de Diggnation, o popular vlog de Kevin Rose (fundador de Digg) e a propia Amanda Congdom se fixo co galardón ó mellor videoblog de viaxes por Amanda Across America.
Con tan bos expoñentes dos vlogs temos así un punto de referencia imprescindible para todo aquel que queira achegarse a este formato audiovisual que promete ter un impresionante futuro á vista do que achegou a primeira edición dos Vloggies. Agardemos que continúen a celebrarse eventos semellantes e que impulsen así a moitos usuarios a pasar de consumidores a creadores, enriquecendo a Rede con vídeos de todo tipo.
A política e o humor comparten éxito na primeira edición dos Vloggies
Compartir Este Artigo
