Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O PSdeG-PSOE xa conta cun dominio de Internet con eñe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

O PSdeG-PSOE xa conta cun dominio de Internet con eñe

Marcus Fernández
Publicado: 09/11/2006
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

A Internet é un medio no que o inglés é unha lingua cun peso excesivo, xa que non só ostenta un predominio nos contidos, senón que tamén está implantado a nivel técnico, o que resulta moi preocupante e conta coa oposición de boa parte do mundo, que considera que esta situación propicia a fenda dixital.
Así, o sistema de dominios de Internet emprega só un grupo reducido dos caracteres latinos, polo que outros xeitos de escritura como a arábica, a cirílica ou a chinesa non se senten representadas e teñen un problema moi grande á hora de contar co seu propio espazo na web. Ademais, non só as linguas cunha escritura non latina se atopan con atrancos, senón que iso tamén se pode aplicar ó resto de linguas coma español, o francés ou o alemán, posto que contamos con caracteres con distintos tipos de acentos (ou tiles), e letras coma o eñe.

Vinton G. Cerf
Vinton G. Cerf
Esta problemática está provocada polas cortas miras norteamericanas, que queren impor a súa escrita no que din que é un “problema técnico” (a xuízo de Vinton G. Cerft, un dos pais da Internet) mentres que outros sosteñen que en realidade están intentando ocultar a súa culpa e incompetencia, así como falta de sensibilidade co resto de culturas que non se sustentan no alfabeto inglés, polo que parece que o conflito lingüístico na Rede, lonxe de ser un problema técnico parece máis un problema político, xa que actualmente existen sistemas non oficiais para a utilización de dominios multilingües, sendo o máis habitual (e considerado o estándar de facto) o sistema de dominios internacionalizados (IDN).
Incluso a comisaria europea para a Sociedade da Información, Viviane Reding, declarou que o sistema IDN “se veu erradamente coma un asunto técnico” e incluso advertiu que retrasar de xeito prolongado a introdución deste sistema podería ter repercusións negativas, fragmentado o espazo dos nomes na Internet.
Os argumentos empregados polos responsables norteamericanos coma Cerf resultan pouco cribles, e continúan a chamar á prudencia, pedindo que os novos sistema se proben exhaustivamente (cando xa levan moitos anos operativos) no que parece ser a anteposición da teorización fronte á práctica, o que é xusto o sistema contrario á historia da Rede (xa que a Internet funciona co protocolo TCP/IP ante as demoras na creación do estándar OSI). Así, a oposición de ICANN ós cambios poderían ser unha postura non só fútil, senón que moi prexudicial para os usuarios, que serían reticentes ó uso dos dominios IDN mentres algún especulador podería estar facéndose como milleiros de nomes de dominio deste tipo para revendelos no futuro, polo que canto antes se dean os pasos para empregar os dominios internacionalizados menos problemas se terán.
Ademais, os dominios internacionalizados non só están a ser explotados por varios países e incluso deron lugar a curiosas poxas en eBay, senón que na actualidade tanto o navegador Mozilla Firefox coma o Internet Explorer 7 soportan os nomes de Internet coñecidos coma IDN, polo en pouco tempo a meirande parte dos usuarios do mundo poderán acceder a webs que empreguen tal sistema (non acontece así co correo electrónico, que aínda non está maduro a tal respecto).
O sistema IDN o que fai e converter os dominios con caracteres nacionais en outros nomes bastante crípticos que si son aceptables polo sistema de rexistro actual, de xeito que dominios como acoruña.com, coruña.com ou lacoruña.com corresponderían a xn--acorua-0wa.com, xn--corua-rta.com e xn--lacorua-9za.com respectivamente. Este exemplo resulta así crucial para explicar o problema do retraso na adopción do novo sistema de dominios, porque os 3 dominios mencionados xa están actualmente rexistrados, e por usuarios particulares, polo que o Concello da Coruña tería problemas de querer facerse con eses dominios no futuro. Habería que animar así a empresas, asociacións e marcas que vaian comprobando se os nomes de Internet relativos ás súas actividades e nomes que puidesen ser susceptibles deste tipo de rexistros están dispoñibles para evitar que no futuro alguén trate de sacar proveito da situación.
Páxina web baixo o dominio Touriño.com
Páxina web baixo o dominio Touriño.com
Nesta dirección podemos mencionar o caso exemplar do PSdeG-PSOE, que pese a que non ten un nome que puidera verse prexudicado, e nun exercicio de previsión, conta xa cun dominio internacionalizado: Touriño.com. Así, os usuarios dos máis modernos navegadores de Internet para acceder á vella web electoral do actual presidente da Xunta de Galicia non teñen por qué escribir presidentetourino.com (dominio que deturpa o apelido do presidente) senón que poden empregar o eñe dende a barra de enderezos do seu navegador para acceder á devandita web.
Hai que indicar que o uso deste tipo de dominios non debe ser exclusivo, de xeito que se debe complementar con dominios sen IDN para mellorar a accesibilidade internacional ás webs, polo que o rexistro do dominio xn--tourio-0wa.com que sería o equivalente a Touriño.com non debería eliminar o dominio actual, senón que se debería empregar só coma complemento, o que pode resultar especialmente práctico para o seu uso fóra da Rede, xa que deste xeito, para dar un enderezo dunha web por teléfono non teriamos que esforzarnos para substituír os eñes por enes ou advertir que os enderezos non teñen tiles.
Sen dúbida, unha mellora que para os usuarios de todo o mundo suporá un achegamento da Rede, aínda que precise dun esforzo superior para os técnicos que se deberán de encargar de xestionar cada día máis nomes de dominio.
Ademais, a vicepresidencia María Teresa Fernández de la Vega xa prometeu hai poucos días que en 2007 se abriría a opción de rexistrar dominios con eñe baixo o .es, polo que resulta sumamente coherente comezar a preocuparse pola internacionalización dos nomes da Internet, de xeito que os posibles afectados deberían comezar a botar un ollo ó asunto para protexer os seus intereses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?