Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Triunfo galego nos BoBs
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

Triunfo galego nos BoBs

Marcus Fernández
Publicado: 13/11/2006
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bobs_2006_entrega.jpgOs premios internacionais organizados pola Deutsche Welle para destacar ós mellores blogs do mundo, os BoBs, xa teñen gañadores na presente edición, liderando ós premiados o weblog norteamericano Sunlight Foundation, que é un blog colectivo que ten coma obxectivo que o Goberno e as autoridades estadounidenses teñan máis transparencia e incluso serviu para organizar unha campaña para pedir a creación dunha base de datos coa información sobre os custos dos proxectos de lei.
O xurado considerou que este blog era un exemplo moi positivo da influenza deste formato para a mobilización dos internautas, chamando ós cidadáns a tomar un compromiso máis activo na sociedade lonxe de partidismos.
A presente edición tamén destacou porque o Premio Reporteiros sen Fronteiras (convertido en categoría fixa) tivo dous gañadores: os blogs Kosoof e Tanine Sokut, que defende a liberdade de expresión e prensa en Irán, no primeiro caso mediante imaxes (pois é un fotolog) e no segundo denunciando as violacións dos dereitos humanos así como dos asuntos ignorados polos medios de comunicación iranianos.
O mellor blog colaborativo pola súa banda foi Fussball-Club, que informa sobre fútbol e os seus resultados, aínda que tamén trata temas de política e corrupción.
Muzimei Studio acadou o recoñecemento coma o mellor podcast, aínda que este blog chinés actualmente complementa o podcasting con vídeo, e é un dos poucos podcasts con entrevista realizados dende China.
O curioso Premio Blogwurst foi a parar a Aref-adib, un curioso espazo no que atopan parecidos razoables (que tanto afectan á carátula da película Volver de Pedro Almodóvar como achegan semellanzas entre unha estatua de Venus e o boneco de Michelín) e comentarios críticos (nos que comparan a silueta de Iraq no mapa cunha soga ou co propio Darth Vader).
la_huella_digital.jpgAparte destes premios principais, tamén se presentaron moitos outros blogs en categorías lingüísticas, resultando coma mellor blog en español La Huella Digital do coruñés Nacho de la Fuente. Este blog trata temas de actualidade, así como relativos ó mundo do xornalismo e da blogosfera.
De la Fuente vive actualmente en Betanzos e traballa en La Voz de Galicia, e quixo dedicar o seu premio á súa muller, fixo, familia e compañeiros.
mangasverdes.es.jpgEstes premios anunciáronse nun acto público celebrado en Berlín con presenza do xurado, pero tamén hai uns premios do público, no que participaron máis de 100.000 votantes cuns resultados ben diferentes ós anteriores: Lisa Neun é o Mellor Blog, Haftegi o Mellor Podcast, o brasileiro Blog do Tas é o Mellor Blog Colaborativo, o Premio Reporteiros Sen Fronteiras foi a parar a outro blog brasileiro (Blog da Alcinéa Cavalcante), o Premio Blogwurst foi para o disidente chinés Zeng Jinyan e o Mellor Blog en Español foi para Manuel M. Almeida co seu Mangas Verdes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?