Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Só pouco máis do 1% do indexado por Google e MSN é pornografía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

Só pouco máis do 1% do indexado por Google e MSN é pornografía

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/11/2006
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

naked_news.jpgOs estudos tecnolóxicos que se moven cada certo na Rede de web en web e de xornal en liña en xornal en liña adoitan a moverse entre dous extremos. Hainos que relembran unicamente cousas xa sabidas e hai outros que son unha pura sorpresa de principio a fin.
Mais hai un factor común a case todos eles: a desconfianza que normalmente nos xeran. A investigación que vén de presentar a Universidade californiana de Berkeley a través do profesor da casa Philip B. Stark cumpre con este último requisito e se move máis ben no terreo do nunca imaxinado.
A xuízo deste mestre, só o 1,1% das páxinas web indexadas nos buscadores de Google e MSN contén material pornográfico, acadando este unha porcentaxe de só o 6,6% en servizos como AOL e Yahoo!
O dato non deixa de sorprender, tendo en conta que case tódolos días se nos di noutras estatísticas que unha das principais funcións da Rede para os internautas é a do subministro de contidos de tipo sexual.
Sexa como sexa, Philip B. Stark vén de presentar o seu estudo ante o Tribunal Supremo de EE UU (que está a deliberar se unha lei feita para protexer ós nenos na Rede vai en contra ou non da liberdade de expresión), o que nos pode levar a pensar que probas para demostrar a súa teoría non lle faltan.
Ironías aparte, cómpre sinalar que o seu estudo é probablemente máis importante do que semella a primeira vista, posto que del pode depender a posta en marcha (ou non) dunha iniciativa do Goberno que restrinxiría en gran medida o acceso á información en Internet.
Mais está claro que non todo é o que parece: se temos en conta os froitos do estudo de Stark, non sería lóxico supoñer que foi chamado pola Unión Americana para as Liberdades Civís, que foi a organización que levou ó Goberno a xuízo por considerar inxusta a dita lexislación para protexer ós menores? Pois non, o mundo segue ó revés e semella que non ten remedio: Stark foi chamado polo Goberno para, finalmente, defender a súa confianza en algo no que o Executivo dubidada a base de ben: a súa confianza en Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?