Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ElPaís.es convértese en ElPaís.com e renova a súa imaxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

ElPaís.es convértese en ElPaís.com e renova a súa imaxe

Marcus Fernández
Publicado: 20/11/2006
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

elpais.com.jpgO xornal El País renova a súa páxina web, incorporando novidades a nivel de deseño e contidos, incrementado a presenza dos contidos multimedia e apostando pola participación dos lectores, que tamén agradecerán que estas melloran sexan de balde (de xeito que a edición de pago parece limitada á edición en papel en PDF e ó servizo de hemeroteca).
Ademais, a nova web pode consultarse dende o ordenador, o PDA ou o móbil, optimizándose a web para pantallas de resolucións de 1.024 píxeles de ancho ou superiores, polo que permite unha exposición máis completa dos contidos, así coma un menú de navegación horizontal que facilita a exploración das seccións.
Os lectores poderán comentar e valorar os artigos publicados, así como envialos a Digg, Technorati, Del.icio.us ou Menéame, aínda que para unha mellor participación incluso teñen unha sección para tal efecto, dende a que se poden remitir preguntas a personaxes de actualidade, se pode participar coma xornalista cidadán, responder a enquisas, participar en foros, xogar ó trivial ou chatear.
El País tamén abrazará ó mundo dos blogs, potenciando a súa oferta de bitácoras e incorporando o Blog de Bloggers, con achegas dos principais blogueiros españois que se inaugura coa participación de Píxel y Díxel.
Esta remodelación da web de El País está a ser analizada dende numerosos blogs, destacando moitos que o cambio no nome do domino do xornais indica unha vocación internacionalizadora da web coma unha declaración de ambición. Pero non só hai flores para esta nova web, senón que populares blogueiros coma Juan Varela critican que os cambios da web de El País a asemellan perigosamente á de El Mundo, o que Manuel Gago considera que se trata dunha falta da capacidade de innovación por parte dos cibermedios.
Parece así que a renovación da web de El País será ben recibida polos lectores, pero non ausente de críticas dos que saben ver o fondo deste tipo de cambios, que neste caso parece chegar para intentar facernos esquecer o grande erro editorial de ElPaís.es: converterse nun medio de pago a finais de 2002.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?