Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O blogomillo anda á procura da súa musa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

O blogomillo anda á procura da súa musa

Marcus Fernández
Publicado: 23/11/2006
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Os antigos gregos pensaban que a inspiración para a composición musical, a creación pictórica ou mesmo a práctica da ciencia proviña dunhas deidades menores coñecidas coma musas, concepto que transcendeu no tempo de xeito que na actualidade se considera que unha musa pode ser unha persoa que inspira a un artista, como puido ser Gala para Dalí, Grace Kelly para Alfred Hitchcock, Winona Ryder para a Xeración X ou Kate Moss de Calvin Klein, pero, ¿cal sería a musa do blogomillo?
musas_blogomillo_grande.jpgEsta incógnita a expón Ghanito no seu blogue, e incluso propón varias figuras coma poderían ser Yolanda Castaño, poeta e presentadora do programa Cifras e Letras na Galega; Belén Regueira, presentadora de radio (Extrarradio na Radio Galega) e televisión (Chambo e informativos); Ana Kiro, como unha estrela da canción e da televisión galegas (que se engade ó debate máis por agarimo que por paixón) e mesmo outras raparigas que se fixeron populares no blogomillo, ou sexa, persoas activas no mundo dos blogs que acadan así o seu recoñecemento, coma serían María Yáñez (ex-directora de Vieiros e responsable do influínte e fenecido blog Todonada); Kate (de La Nevera 61); Cereixa; A Pícara de Allegue; Oko (de Dor na retina) ou Besbelliña (de Beliscos Pequenos).
Así, parece que na variedade está o gusto, polo que no blog de O demo me leve, valéndose do servizo Brilliant Button Maker, publicaron unha relación de botóns para que cadaquén poida colocar no seu blogue para amosar a súa afinidade a cada unha das musas suxeridas.
A iniciativa está a dar qué falar, pois parece que cada blogueiro busca a súa inspiración dunha musa diferente, pero o que resulta curioso é que, pese a que se constata que hai moitas mozas no blogomillo, elas non parecen defender a proclamación de musas masculinas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?