A personalización dos dispositivos electrónicos que vai dende a elección da súa cor no momento da súa compra ata o uso de autocolantes na súa superficie está a evolucionar grazas á tecnoloxía, de xeito que o gravado mediante láser está a permitir realizar ilustracións de alta calidade sobre superficies como as carcasas dun ordenador portátil ou dun reprodutor de MP3.

Temos así que a práctica da tatuaxe non se limita agora so á pel humana, senón que agora se poden empregar técnicas semellantes sobre calquera superficie, o que incrementa as posibilidades de personalización.
Desgraciadamente este tipo de servizos só están presentes en poucas cidades, e normalmente non aceptan encargar remotas (por non poder facerse responsables dos danos que se poidan producir nos dispositivos), polo que en Europa parece que o teremos difícil para acceder a este tipo de técnicas e nos teremos que conformar coa gravación de texto nos iPod que venden na tenda virtual de Apple.
O gravado con láser permite a personalización de portátiles e outros dispositivos electrónicos
Compartir Este Artigo
