Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aparecen novos foros e blogs que fomentan a anorexia e a bulimia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

Aparecen novos foros e blogs que fomentan a anorexia e a bulimia

Raquel Noya
Publicado: 08/01/2007
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

anorexia.jpgO peche da web Princesas de porcelana, na que se premiaba ás mozas que perderan máis peso en poucos días, lonxe de rematar coa polémica xurdida ó redor do tema da anorexia e da bulimia (por desgraza tan frecuente nas adolescentes de hoxe en día), provocou o abrollar de dous novos foros relacionados co mesmo tema: princesporcelan.foro.ijijiji.com e pdp.foros.ws. Malia que a autoría destes espazos de discusión non está clara, polo contido das mensaxes e as ligazóns que se poden atopar neles, as autoridades sospeitan que os creadores son os mesmos que se encargaban da anterior páxina web, pechada por ser considerada un grave risco para a saúde pública. Trucos para provocar o vómito, consellos para deixar de comer sen que ninguén se decate, información “útil” para practicar o xaxún ou dietas restritivas en grao sumo son algunhas das seccións que se poden atopar nestes foros que, máis que “axudar a perder peso con responsabilidade (segundo opinan os que critican os contidos da web), inducen ó suicidio colectivo”. “Ana” e “Mia” (seudónimos de anorexia e bulimia), animan ós participantes a que conten as súas experiencias e aconsellen ós demais con verdadeiras aberracións, como que só consuman auga ou que se autolesionen como castigo cando inxiran algo de comida. E non só estes foros (de recente creación) son fontes inesgotables de información para consulta de xente que, a toda costa e sen pensar no prezo que se paga, pretende adelgazar. Tamén os blogs, máis difíciles de controlar pola xustiza, achegan consellos e trucos a seguir. Aquí van uns exemplos:

· “Mastiga a comida, fai como que vas beber auga e tira a comida no vaso (ha de ser un vaso escuro e sen líquido e que ninguén estea preto como para velo)”.

·“Pon a comida mastigada nun pano de papel e vainos metendo paseniño no bolso”.

· “Bebe líquidos xeados, báñate con auga xeada, pon o clima en frío e non te arroupes, o teu corpo queimará calorías tratando de manterse a temperatura estable”.

· “Moita xente córtase para auto castigarse cando fallan, se o fas, non o fagas moi fondo para evitar as cicatrices e faino en lugares nos que normalmente non te vexan como as pernas ou a barriga”.

Costa crer que haxa persoas dispostas a seguir estes consellos arrepiantes e a converter esas normas no seu estilo de vida (co consecuente perigo de perdela para sempre), pero por desgraza si as hai, e moitas. Vivimos na sociedade dos excesos: a obesidade e a anorexia (contraditorias ó cen por cen) son as epidemias da humanidade do século XXI, o alcoholismo e o tabaquismo preocupan cada vez máis ás autoridades sanitarias e ata o estres e a ansiedade por exceso de traballo son doenzas en alza que provocan millóns de baixas por enfermidade no noso país. E non só iso, se nos custa pensar que persoas adultas sigan estes consellos e leven a cabo estas prácticas, moito máis esforzo leva crer que existan individuos que promovan a aparición colectiva destes andazos, loitando pola causa e creando mandamentos a seguir como se dunha relixión moderna se tratase. É a sociedade de mañá… ou a de hoxe, na que case sen decatarnos estamos a contribuír a que mingúen se vexa ceibe desta lacra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?