
Estes premios organizados polo xornal gratuíto 20 Minutos conta con moita aceptación, presentándose máis de 2.400 blogs, polo que o propio director da cabeceira, Arsenio Escolar, afirmou que o certame terá continuidade no tempo.
A categoría absoluta, a do Mellor Blog, foi a parar ó taxista Daniel Díaz por Nilibreniocupado, de xeito que se fixo co codiciado cheque xigante de 3.000 euros que lle entregaron na cerimonia que tivo lugar na madrileña sala Négone.
A listaxe completa de premiados é a seguinte:
- Actualidade: Malaprensa
- Ciencia e Medioambiente: Fogonazos
- Cine: Antiegos
- Cidade 20minutos: Nilibreniocupado
- Cultura e tendencias: ByTheWay.tv
- Deportes: El Tikitaka
- Erótico: Ellos no existen
- Expatriado (escrito dende fóra de casa): Chinochano
- Ficción: La decadencia del ingenio
- Fotoblog: Enfoque Diferencial
- Humor: Pezones Blancos
- Xogos: Videojuegos y consolas
- Latinoamericano: JorgeLetralia
- Mellor deseño: Nada importa
- Música: Maneras de vivir
- Outras linguas constitucionais: Bloc de Marc Vidal
- Persoal: El Teleoperador
- Podcast: Comunicando
- Tecnoloxía: Blogoff
- Videoblog: FrikiTV
- Premio votado polos blogueiros: Otro Tiempo Blog
- Mellor blog 2006: Nilibreniocupado

