Caixanova porá en marcha un Máster sobre Software Libre na cidade de A Coruña, nunha iniciativa pioneira en Galicia que contará coa achega académica da Universidade Rey Juan Carlos e a visión empresarial da empresa galega Igalia.
O Máster terá unha orientación práctica e profesional, dirixido a novos titulados ou a profesionais que queiran complementar a súa formación co obxectivo de dirixir, analizar e participar en proxectos de Software Libre de ámbito internacional, capacitando ós alumnos para o traballo en grandes empresas do sector TIC, así como para liderar proxectos de liberación, desenvolvemento e publicación de Software Libre.
A inscrición a este Máster que ten como duración un curso académico (impartíndose polas tardes de luns a xoves) rematará no prazo ordinario o 6 de xullo, mentres que o 28 de setembro será a límite de presentacións de solicitudes de inscrición no prazo extraordinario, podéndose achegar os documentos para os trámites da web do Centro Social Caixanova.
Caixanova iniciará un Máster sobre Software Libre
Compartir Este Artigo
