
A iniciativa, que foi presentada este venres 6 de xuño polo vicepresidente Anxo Quintana, consiste nun portal interactivo e telemático (desenvolvido integramente por Corunet) que inclúe servizos de información e asesoramento e recursos de proximidade na atención das persoas dependentes, sendo estas as destinatarias da ferramenta, pero tamén os coidadores e máis os profesionais do ámbito sanitario. Segundo sinalou o vicepresidente, estamos ante unha iniciativa cen por cen pioneira en todo o conxunto do Estado español, xa que (explicou) nunca antes se foi tan lonxe no emprego social das novas tecnoloxías.
Coidanet, informou Quintana, é “un portal interactivo, multimedia e accesible, aberto ao contacto e ao intercambio de todos os actores implicados nas situacións de dependencia –administracións, usuarios e usuarias, familias e profesionais, dentro e fóra de Galiza-, que ofrece unha nova perspectiva de xestión e planificación que aposta pola innovación on-line”.
Funcionamento do portal
Segundo apunta Vicepresidencia, as persoas interesadas nos servizos que ofrece este portal deben darse de alta a través da propia web e solicitar os servizos aos que desexan acceder. A petición debe ir acompañada dun informe que emiten os servizos sociais, “se quen fai esta solicitude de rexistro é unha persoa en situación de dependencia”. As delegacións da Vicepresidencia serán as encargadas de valorar a solicitude e asesorar sobre os recursos que mellor se adapten aos usuarios/as.
Coidanet: proposta para mellorar (vía a Rede) a calidade de vida das persoas dependentes
Compartir Este Artigo
