
A baixada de prezo de 200 dólares do modelo de 8 Gb do iPhone tamén ten un efecto colateral no modelo de 4 Gb, que desaparece do mercado e durante os vindeiros se venderá de saldo a 299 dólares.
Ademais, os usuarios que mercasen ou pedisen o seu iPhone durante os últimos 14 días recibirán un reintegro de 200 dólares, de xeito que sería coma se mercasen o seu novo teléfono hoxe mesmo.
Este cambio no prezo podería disparar as vendas no iPhone nos EE.UU., aínda que continúan a contar cun contrato en exclusiva de AT&T que inclúe un compromiso de permanencia de 2 anos (cunha tarifa plana de datos que supón uns ingresos moi importantes para a operadora de telefonía móbil), polo que a oferta continúa a ser menos atractiva do que se pode pensar nun primeiro momento.
A precocidade desta rebaixa de prezo está a resultar moi molesta para os early adopters, ou sexa, para os usuarios que se lanzaron a mercar o iPhone pagando 599 dólares e que tiveron mesmo que facer cola durante horas para facerse cun terminal, que ven coma o seu exclusivo produto deixaba de ser un escuro obxecto de deseño e se sitúa a prezos incluso menores que os de moitos dos teléfonos intelixentes que hai no mercado. Só 2 meses (de feito, mes e medio, dada a rebaixa retroactiva) estase a considerar moi pouco tempo para unha rebaixa tan radical que fai quedar ós usuarios actuais coma pardillos, especialmente os que se fixeron cun modelo de 4 Gb, porque vén de ser o móbil con menor vida da historia, descatalogándose en só 2 meses.

Esta última posibilidade está a resultar algo polémica, pois a nova funcionalidade de iTunes que permite crear tons de chamada para o iPhone xa a tiñan moitos usuarios de móbiles de xeito gratuíto e mesmo se está a falar da busca de sistemas alternativos para crear estes tons son pagar a Apple.
A meirande parte das novidades anunciadas por Apple correspondían de xeito bastante fiel ós rumores que había nos pasados días, pero un deles (o máis recorrente) non se concretou, pois falaban do anuncio dun modelo do iPhone con 3G para o mercado europeo, aínda que tamén hai que lembrar que o vindeiro 25 de setembro se celebrará a Apple Expo en París, o que sería o momento axeitado para anunciar os detalles do desembarco do iPhone en Europa, que nun principio parece limitarse a Reino Unido, Francia e Alemaña. Parece así que o iPhone aínda dará moito que falar nas seguintes semanas.
O iPhone reduce o seu prezo en 200 dólares
Compartir Este Artigo

