IBM desenvolveu un enxeñoso sistema chamado SiSi (Say It Sing It) que converte as fala en inglés a linguaxe de signos, amosando a interpretación das palabras mediante un personaxe dixital ou avatar, para o que tiveron que combinar unha serie de tecnoloxías informáticas entre as que destaca un preciso módulo de recoñecemento de voz.

Este tipo de solución resulta especialmente atractiva para conferencias, xa que permite que mentres está a falar unha persoa se poida proxectar detrás da mesma a súa correspondente interpretación en linguaxe de signos aínda que non se conte cunha persoa para facer tal función.
SiSi abre así moitas oportunidades ás persoas xordas, sendo unha importante ferramenta para a súa inclusión social, aínda que polo momento se limita ó inglés (tanto no recoñecemento como na súa interpretación xestual).
Podemos ver un exemplo do funcionamento de SiSi no seguinte vídeo:
SiSi: o intérprete virtual para xordos de IBM
Compartir Este Artigo

