A multinacional estadounidense IBM vén de anunciar o lanzamento dun paquete de aplicacións composto por un conxunto de ferramentas de balde que lle axudarán ós usuarios a crear e compartir documentos e presentacións nos seus entornos de traballo ou na casa. Baixo o nome de IBM Lotus Symphony, estas aplicacións están deseñadas, segundo a empresa, “para levar a cabo a meirande parte das tarefas de oficina máis habituais” e poderán empregarse tanto con Windows como con Linux.
As aplicacións que ofrece este novo software libre creado polo xigante azul son tres: Lotus Symphony Documents, Lotus Symphony Spreadsheets e Lotus Symphony Presentations que levan a cabo funcións similares ó Word, Excel e PowerPoint respectivamente.
As ferramentas están dispoñibles de xeito gratuíto na páxina web da compañía, máis de momento, só se poden descargar en inglés.
IBM lanza un paquete de software de balde que pode suplir ó Office
Compartir Este Artigo

