A aplicación informática de Google que permite percorrer todo o planeta dende o aire amosando imaxes tomadas por satélite e outros métodos, Google Earth, vén de incluír unha nova capa de datos ó seu servizo, de xeito amosa vídeos de YouTube segundo a súa localización, podendo reproducilos no navegador ou no programa de escritorio.
Os usuarios de YouTube xa hai tempo que poden xeolocalizar os seus contidos, e agora esta información se pode aproveitar para moverse por todo o planeta descubrindo os vídeos que se tomaron en cada punto.
Con esta nova incorporación a Google Earth podemos ir á Praza do Obradoiro a ver un vídeo do Botafumeiro, descubrir a gravación dun concerto de Berrogüetto en Ferrol ou contemplar a celebración dunha voda en Boente. Ábrese un novo xeito de navegar polos vídeos de YouTube, así como de facer turismo sen erguernos de diante do ordenador.
Google Earth incorpora vídeos de YouTube localizados xeograficamente
Compartir Este Artigo

