Entre os días 27 e 30 de novembro Xixón acollerá unha nova edición de Tecnimap, o encontro que xunta dende 1989 a representantes das TIC das distintas administracións públicas, empresas do sector e outros expertos relacionados con estes ámbitos, e que en 2002 recalara na cidade de A Coruña.

Esta décima edición das xornadas servirá para a concesión dos 3 Premios Tecnimap, un para cada nivel das administracións, cos que se distinguirán as iniciativas que destaquen por facer máis doada a comunicación entre os cidadáns e as Administracións Públicas, fomentar o acceso ós servizos públicos, favorecer a inclusión social ou transformar os servizos mediante a súa modernización e simplificación.
O programa da vindeira edición de Tecnimap desenvólvese baixo o lema de Administración 2.0: novos servizos, novos dereitos.
A vindeira edición do Tecnimap tratará de definir a Administración 2.0
Compartir Este Artigo

