
Entre os gurús internacionais, o evento comezou forte coa presenza de Shel Israel, o experto na Web 2.0 que falou da censura nos blogs, da súa vertente corporativa e da problemática da blogosfera hispana ó non falar inglés. O outro grande gurú foi Biz Stone, cofundador de Twitter (e que tamén participara intensamente en Blogger) que falou especialmente da súa solución de microblogging e que converteu a súa intervención en todo un caso práctico da súa tecnoloxía, xa que o galego Enrique Dans era quen lle facía preguntas a Stone remitidas a través de Twitter (e lidas mediante un terminal Blackberry coa axuda da aplicación Twitterberry).

Buenafuente fixo unha interesante reflexión sobre a súa relación cos blogs e coa Internet, chegando mesmo a facer humor coa tardanza da chegada do iPhone a España («cando lancen o iPhone en España xa terá rematado a telefonía»).
En definitiva, que se tratou dun encontro chamado a consolidarse, aínda que moitos dos asistentes tivesen problemas para conectarse a través de Wi-Fi e outros non deixan de comentar que o certame deberá mudar de nome para non centrarse tanto nos blogs e continuar a servir de encontro social da Internet hispana.
O Evento Blog España serviu de encontro para a blogosfera hispana a pasada fin de semana
Compartir Este Artigo

