Para presentarnos os vídeos de YouTube, Google Vídeo e outros servizos dun xeito diferente chega dende Brasil iSofa.tv, unha web que presenta un reprodutor de vídeos en Flash pensado para o seu uso a pantalla completa, e que presenta unha selección de clips bastante populares, amosando a súa interface de uso ao mover o rato sobre os vídeos en reprodución.
Pero a cousa non se limita a unha especie de televisión por Internet, senón que tamén non permite facer buscas de vídeos (de xeito que nos serve como interface para ver contidos a pantalla completa) e achega ligazóns permanentes a vídeos en concreto, polo que podemos recomendar vídeos aos nosos amigos.
O sistema introducirá en breve a posibilidade de crear canles de vídeo personalizadas, subítulos, precarga de material antes da súa reprodución e outras funcionalidades.
A web iSofa.tv nos achega un novo xeito de ver vídeos na web
Compartir Este Artigo
