Fisher Price vén de recibir os premios ao xoguete máis innovador do ano e ao mellor xogo educativo polo seu Smart Cycle Learning Arcade System, que vén a ser unha bicicleta estática para cativos que se conecta ao televisor para educar aos nenos á vez que se lles incita a practicar exercicio físico.
A Smart Cycle é un simulador de bicicleta que permite botar carreiras ou, simplemente, facer percorridos educativos a través da Montaña das Matemáticas, o Lago das Formas ou os Campos de Números.
Está recomendado para nenos de entre 3 e 6 anos e o seu prezo de venda nos EE.UU. é de 109 dólares.
Premian a unha bicicleta estática para cativos coma un dos mellores xoguetes do ano
Compartir Este Artigo
