
O pasado 17 de marzo Nordenankar preparou un maletín cun dispositivo GPS no seu interior especialmente preparado para dotalo de grande autonomía, que rexistraba automaticamente os seus movementos por todo o mundo durante 55 días de xeito que percorreu 62 países de 6 continentes e se desprazou uns 110.664 quilómetros; toda unha viaxe que rexistrada nun mapamundi debuxa unha imaxe do artista ao que se lle ocorreu esta idea.
En realidade o debuxo non é o máis grande do mundo porque non existe a imaxe a tamaño real, e certos movementos no mapa están feitos a propósito por unha avioneta de DHL, polo que a obra é un tanto trampulleira, pero consigue chamar a atención dun xeito moi especial, aínda que non falta quen sospeita de que se trata dunha campaña de publicidade viral da empresa de transporte.
Vídeo no que se explica este proxecto artístico
ACTUALIZACIÓN: O artista recoñece que todo é un bulo e asegura que non se chegou a transportar o dispositivo GPS.
