O MSI Wind é un dos ultraportátiles de baixo custo máis completo e atractivo, e tamén seguirá os pasos doutros produtos semellantes cunha versión de sobremesa e baixo o lema Ride with the Wind! MSI presentou en Taipei un ordenador con formato vertical que cun procesador Intel, 1 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro, Gigabit Ethernet, combo DVD e un adaptador de corrente de 65 vatios se converte nunha solución de escritorio atractiva, que pode reproducir vídeo de ata 720 liñas en progresivo (ou sexa, que non chega a Full HD pero chega para usos máis básicos).
Para mellorar o atractivo deste equipo se vende en moitas combinacións de cores, así como se destaca o seu baixo consumo enerxético (soporta a norma Energy Star 4.0).
Presentan en Taipei un MSI Wind de sobremesa
Compartir Este Artigo
