O vindeiro mes Asus comezará a integrar nos seus portátiles a tecnoloxía Express Gate, que permite o arranque instantáneo de varias aplicacións informáticas, pensando en usos fugaces dos mesmos.
Esta nova solución fai que en só 5 segundos poidamos cargar un navegador, un reprodutor musical, un visor de fotografías, un programa de mensaxería e Skype, de xeito que para facer unha consulta rápida dalgúns destes programas non será preciso cargar o sistema operativo do equipo.
Esta solución foi desenvolvida por Splashtop, e nun principio se incluirá en equipos coma os M70T, M50V e as series M51Vr e F8Va/Vr.
Anuncio da tecnoloxía Express Gate que Asus integrará nos seus portátiles
Asus incorporará aos seus portátiles unha tecnoloxía para a carga instantánea de certas aplicacións
Compartir Este Artigo
