Posible aparencia do Asus Aspire OneNos últimos días non paran de presentar ordenadores ultraportátiles, no que parece que é a preparación para o Computex da vindeira semana, e se onte Dell adiantaba o que podería ser o seu mini-Latitude, hoxe podemos facer cábalas sobre o Acer Aspire One, que presumiblemente se presentará o vindeiro luns, que sería un ultraportátil que funcionaría con Windows XP SP3, contaría cunha pantalla de 8,9 polgadas a 1.024 x 768 píxeles e rumoréase que no seu interior terá un procesador Intel Atom a 1,6 GHz, 512 Mb de RAM, disco Flash de 4 Gb, unha autonomía que podería superar as 3 horas e un prezo que estaría nos 299 euros, o que sorprende, pois ese rango de prezos parece reservado aos ultraportátiles con pantallas de 7 polgadas, polo que este equipo podería ser o que teña o prezo máis competitivo (quedando 100 euros por debaixo do Asus Eee PC 900).