
A nova entrega de AinfoVac supón un avance cuantitativo e cualitativo con respecto da versión publicada en novembro de 2007. O programa preséntase como unha completa aplicación ERP cos seguintes módulos: – Facturación: Permite un control total sobre compras, ventas, stocks, prezos medios, evolución de prezos, cantidades, etc. – Gandeiría: Rexistro dos animais, xestión de incidencias, Alimentación, Racionamento, Control xenético, etc. – Cultivos: Control de cultivos, custes, producións, etc. – Custos Fixos: Amortizacións, Cálculo custo maquinaria, Man de Obra, etc. – Informes: Índices de rendemento, Conta de resultados, compras, ventas, incidencias, etc.
Presentan o programa de xestión de explotacións agrogandeiras AinfoVac 0.4.1
Compartir Este Artigo
