A Nintendo DS é posiblemente a consola de videoxogos comercializada oficialmente en máis cores, e á variación cromática se une agora unha edición especial da consola portátil que inclúe o adaptador para xogar ao Guitar Hero On Tour e o propio xogo (que non chegará ás tendas europeas ata o 17 de xullo).
Esta nova DS entregarase en cores negro/prata e incluirá na súa cuberta o logotipo de Guitar Hero no que resulta un detalle de deseño que non resulta especialmente atractivo, polo que entendemos que esta edición especial responde máis á febre dos xogos musicais que á estrea dun redeseño da popular consola portátil.
A Nintendo DS terá unha edición especial Guitar Hero
Compartir Este Artigo
