
A iniciativa pretende transmitir que o consumo de drogas e alcohol xa non é unha cuestión de marxinalidade, nin exclusivo da mocidade, senón que cada día está máis presenta na sociedade, dirixíndose a mensaxes especialmente a mozos de entre 14 e 29 anos. Contará coa distribución de 10.000 carteis, 100.000 despregables e 40.000 dados (que representan que as drogas xogan coa saúde), así como anuncios en televisión e radio, sorprendendo cunha nova canle para achegarse aos rapaces: o envío de mensaxes a través de tecnoloxía Bluetooth a móbiles «durante as fins de semana e nos lugares de maior concentración de xuventude».
Deste xeito, os mozos que o desexen poderán recibir de balde no seu móbil información e vídeos desta campaña de concienciación cidadá.
Sanidade concienciará ao mozos a través de Bluetooth sobre os perigos das drogas
Compartir Este Artigo
