
Confírmase así que Moblin non será unha distribución de Linux en si mesma, senón que funcionará coma un núcleo do sistema operativo Linux para dispositivos móbiles, de xeito que distintos proxectos se poderán sumar para facer distribucións a medida baseándose neste desenvolvemento, polo que tampouco quedará só no mercado o Ubuntu Netbook Remix.
Os ultraportátiles de baixo custo que incluirán a nova versión de Xandros estarán á venda na segunda metade do ano, e agardan que as novas plataformas sexan capaces de mellorar o aproveitamento das baterías nun 25%.
Xandros adáptase aos dispositivos con procesadores Intel Atom
Compartir Este Artigo
