Nos pasados días no Computex púidose ver un portátil de Asus do que nada se sabe por parte do seu fabricante, pero que sorprendeu especialmente aos que o viron en persoa, pois destacaba por incluír sobre a súa pantalla, en vez da xa tradicional webcam, un proxector de vídeo, polo que podería ser un orixinal equipo pensado para facer presentacións profesionais.
O mini-proxector integrado pode funcionar tanto co portátil aberto coma pechado, xa que se pode rotar, aínda que a súa aparencia resulta un pouco anti-estética, 
Amosan no Computex un portátil con proxector de vídeo integrado
Compartir Este Artigo
