Cando faltan poucos días para a chegada da nova versión do iPhone, os desenvolvedores independentes de aplicacións para o móbil de Apple anuncian que xa teñen unha versión de proba do reprodutor multimedia VLC, de xeito que se poderían reproducir no móbil ficheiros MPEG, AVI e MP3 nun primeiro momento, e estando en preparación o soporte de FLAC, OGG, VCD, DivX, WMA e WMV.
O vlc4iphone sería así unha aplicación que atendería unha das grandes demandas dos usuarios: poder reproducir ficheiros multimedia sen ter que convertelos aos formatos propios do iPhone.
Para acceder á versión de proba desta aplicación (actualmente a 0.5.0) é preciso facer unha doazón, pero en breve lanzarán unha versión definitiva que é de supor que será de balde (falando sempre de terminais liberados para a instalación de aplicacións).
Estase a preparar unha versión do VLC para o iPhone
Compartir Este Artigo
