
Os 13 millóns de euros que a Industria musical reclama a Pablo Soto, presidente e fundador de MP2P Technologies, sae dun cálculo dos prexuízos causados polo intercambio de ficheiros a través das plataformas creadas pola empresa denunciada, que pretende defenderse firmemente «contra este intento de destruírnos das multinacionais discográficas».
Pablo Soto critica ás discográficas porque «en lugar e abrazar a tecnoloxía, elixen o camiño que en última instancia lles levará á súa propia fin. O litixio en si mesmo non é un modelo de negocio válido, porén, foi o seu fútil e desesperado obxectivo dende a chegada do P2P».
Esta demanda podería indicar unha nova estratexia da industria musical e audiovisual ante a imposibilidade de atacar ás redes P2P pola vía penal en España.
As discográficas reclaman 13 millóns de euros a unha empresa española de P2P
Compartir Este Artigo
