Os portátiles Dell Studio inclúen saída HDMIDell incorpora ao seu catálogo unha nova familia de portátiles a medio camiño entre os Inspiron e os XPS, os Dell Studio, que se poderían definir coma equipos de gama media que se estrean con versións con pantallas de 15,4 e 17 polgadas, procesadores Intel Core 2 Duo, ata 4 Gb de RAM, discos duros de ata 320 Gb, lector de tarxetas de memoria, 4 portos USB, Bluetooth, Wi-Fi, webcam de 2 Mpíxeles e a posibilidade de adquirilos con unidades de disco Blu-ray e batería de 9 celas. A oferta de cores destes portátiles é moi variadaPódense mercar cunha tarxeta gráfica integrada Intel GMA X3100 ou unha ATI Radeon Mobility HD 3450/HD 3650 con 256 Mb de memoria, contan cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles no modelo de 15,4 polgadas e de 1.440 x 900 no de 17 polgadas (con opción de pantalla de ata 1.920 x 1.200 píxeles), destacando por incorporar saída HDMI, o que resulta moi interesante para a conexión do portátil a televisores de alta definición. Os prezos europeos destes novos portátiles de elegante deseño e grande oferta cromática parten dos 599 euros no modelo Studio 15 e dos 679 euros no modelo Studio 17.