Para consolidar as licenzas de contidos para Xbox 360 Microsoft lanzou unha ferramenta para a transferencia de DRM, ou sexa, para que cando un usuario que merque cunha Xbox 360 nova poida transferir as licenzas dos contidos adquiridos para a vella consola (coma xogos e vídeos descargados de Xbox LIVE Marketplace).
Deste xeito, os usuarios que adquirisen unha Xbox básica e decidisen pasarse a un modelo superior poderán facelo sen medo a perder todos os ficheiros adquiridos previamente, nunha operación que se pode completar en apenas un minuto, como explican no seguinte vídeo:
Hai que precisar que a transferencia de licenzas ten as súas limitacións, e só se autoriza este proceso unha vez cada 12 meses (ou sexa, que é para consolidar as licenzas nunha única consola e non para andar transferindo contidos entre varias) e non se pode aplicar a películas descargadas en réxime de aluguer.
