
Para a organización galega, que concorreu na dita reunión ocupando xa o posto da vicepresidencia, o feito de que se teñan as afianzado ligazóns con CONETIC supón tamén un importante respaldo para as empresas galegas, sobre todo se temos se temos en conta que ese respaldo vén dunha confederación integrada hoxe por 14 asociacións empresariais TIC do eido autonómico e que representan a 1.573 empresas e case 60.000 traballadores, e que ao a longo de dous anos de vida ten desenvolvido (CONETIC) un bo número de accións colaborativas a prol do sector dixital.
Na dita reunión celebrada en Madrid, informa Ineo, sentáronse tamén os acordos para os vindeiros proxectos e actividades en materia de cooperación empresarial, promovéndose diferentes iniciativas co Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO), co que Ineo xa ten traballado ao longo de 2007 desenvolvendo xornadas en Vigo e A Coruña e nas que participaron ata 400 empresarios galegos.
Novo corpo directivo de CONETIC
Coa designación a pasada semana das novos cargos, decidiuse que o posto da presidencia fose ocupado por ASCENTIC (organización cántabra do sector), a secretaría por ETICOM (Andalucía) e tesourería por ATAN (Navarra). O comité complétase coas vocearías de ESTIC (Valencia) e AETICAL (Castela e León).

