Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Innovación colabora con Level Telecom na prevención de accidentes nas estradas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Innovación colabora con Level Telecom na prevención de accidentes nas estradas

Raquel Noya
Publicado: 21/07/2008
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

A empresa Level Telecom, especializada no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos, está a traballar -co apoio económico da Consellaría de Innovación e Industria– no deseño dun sistema de predición, alerta e mitigación de condicións meteorolóxicas adversas nas estradas para tratar de evitar os accidentes de tráfico provocados por mor das mesmas. Esta ferramenta baséase en modelos heurísticos e en métodos de intelixencia artificial para mellorar as condicións do propio proceso da condución e avisar en tempo real aos responsables de mantemento da vía a fin de que actúen no menor tempo posible.
A Consellaría de Innovación, a través da súa Dirección Xeral de I+D, concedeulle a Level Telecom unha axuda de 168.259 euros para a realización do proxecto, no marco do Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (INCITE).
A primeira das aplicacións do sistema no que Level Telecom está a traballar está destinada a evitar a formación de placas de xeo nas zonas sombrías ou escuras das estradas mediante a aspersión dunha disolución salina. Para isto, a devandita empresa galega implementará un sistema en rede que detecte en que circunstancias debe facer funcionar a aspersión segundo parámetros meteorolóxicos, características da calzada, experiencia no comportamento do clima…

Información en tempo real

Todo este proceso de prevención de accidentes nas estradas comeza por recoller datos sobre as condicións meteorolóxicas e as circunstancias concretas de cada vía. O módulo de recollida de información está composto por diversos sensores colocados na calzada, así como dunha estación meteorolóxica dotada de instrumental avanzado de medida e doutras instancias de control próximas a esta.
Tódolos datos serán procesados por un sistema avanzado de control e análise que transmite a información en tempo real a un sistema de aspersión con carácter autónomo e intelixente; este último é o mesmo que se vai ocupar de prever a formación de placas de xeo nas estradas.
Asemade, esta información chegará ás persoas encargadas do mantemento das vías e do seu entorno, co que poderán actuar con rapidez ante situacións de perigo e preparar os dispositivos de emerxencia oportunos.
Segundo vén de anunciar Telecom, aínda que a información do sistema é servir á prevención de circunstancias de risco, esta ferramenta tamén “terá capacidade correctiva e paliativa no caso de que as medidas preventivas non sexan suficientes para mellorar no posible as circunstancias de circulación”.

Portabilidade

Os responsables do proxecto tamén subliñan que o sistema aporta “importantes novidades” ao control do estado das vías de circulación debido a que a integración de tecnoloxías avanzadas de comunicacións permite unha “visión ampla” do que está a acontecer nun tramo concreto da vía, tanto a efectos de información de cara aos responsables de conservación, como ao sistema experto de decisión de aspersión sobre a calzada, garantindo a seguridade dos condutores.
Outra das características que fai que o sistema sexa pioneiro neste campo é, segundo indican os seus creadores, a súa “modularidade”, o que fai que sexa portátil e adaptable a situacións concretas. Ao tratarse dun dispositivo por módulos pode instalarse en diferentes lugares integrando nun bastidor os elementos mínimos necesarios para o tratamento de pequenas zonas de risco, como saídas de túneles, tramos sombríos, etc.
Estas estacións portátiles tamén se beneficiarán da maior densidade de datos recollidos polas estacións fixas. Obterán esta información a través da tecnoloxía de comunicacións móbiles (GPRS/3G), canle de comunicación que tamén se usará para a supervisión remota destas estacións portátiles.

Colaboración coa USC

A Universidade de Santiago de Compostela colabora neste mesmo proxecto a través do Laboratorio de Sistemas do Instituto de investigacións Tecnolóxicas, que está a estudar a implementación dun modelo de predición meteorolóxico complexo que integre datos extraídos doutros nodos da rede e de estacións meteorolóxicas virtuais, fundamentándose en técnicas de mallas de predición meteorolóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?