Navegar por certas páxinas de Internet sen Internet vai ser posible grazas –precisamente- a un dos servizos nos que todo o mundo pensa cando pensa en Internet: Google. Segundo se nos conta en Genbeta, a idea do buscador non é a de permitírmonos visitar todos os recursos da Rede, senón o propio de seu. Con todo, a proposta ten o seu aquel: poder visitar os seus servizos sen necesidade de conexión á Internet e cun único requisito: que teñamos marcada a opción para velos offline. Deste xeito, poderemos facer uso fóra de rede e nun prazo de seis semanas de ferramentas como Gmail ou Google Calendar, amais do propio buscador.
Por certo que no caso do Google Calendar, xa se di pola comunidade en liña que se poderá empregar cun intervalo de tres meses. Amais do devandito, o buscador anunciou a incorporación do protocolo SyncML co fin de sincronizar as nosas contas con trebellos móbiles, tecnoloxía que vai encamiñada a facilitar que todo vaia ao mesmo paso: o calendario da rede e os contactos que incluímos nos teléfonos.
Gmail e Google Calendar, accesibles fóra de liña dentro de seis semanas
Compartir Este Artigo

