A Fundación Chandra e maila Fundación Luis Vives, veñen de asinar un convenio polo que a multinacional Microsoft pasaría a fomentar o voluntariado virtual entre os seus empregados a través da plataforma en liña SolucionesONG.org, que ten como principal obxectivo axudar ás organizacións sen arela de lucro a mellorar o seu funcionamento.
Mediante o devandito acordo, a compañía de Redmond proporalles aos seus empregados realizar un innovador modelo de voluntariado en liña, asesorando de xeito individual ás ONGs en distintos temas.
Como por exemplo: calidade, captación de fondos, contabilidade, comunicación, estratexia, fiscalidade, xestión de proxectos, informática e Internet, marco legal, recursos humanos… sumándose, deste xeito, aos máis de 500 asesores voluntarios cos que xa conta o portal.
SolucionesONG.org é unha plataforma de xestión de coñecemento e voluntariado en liña con máis de cinco anos de experiencia que “agarda asinar acordos similares con outras empresas” xa que, entre as vantaxes que ten contar coa participación de grandes compañías como Microsoft, destaca a posibilidade de canalizar as inquedanzas sociais dos seus empregados, proporcionándolles un proxecto onde colaborar en equipo. Os creadores desta idea propoñen a creación “dun voluntariado moi especializado para persoas moi ocupadas que dispoñen de pouco tempo libre”.
Dende SolucionesONG.org engaden que as compañías participantes poden, asemade, “fortalecer a súa marca ó por o seu capital intelectual ó servizo do terceiro sector”.
Microsoft, a prol de facer dos seus traballadores voluntarios virtuais
Compartir Este Artigo

