
Para confirmar este rumor dende VGChartz publicaron unha imaxe dun terminal de venda no que aparecería a rebaixa comentada, o que dá certa credibilidade á información pero non a verifica totalmente (no pasado tamén apareceron modelos rebaixados, pero se trataba de unidades reacondicionadas).
Con esta rebaixa, a Xbox 360 non só se distanciaría dos prezos da Wii e da PS3, senón que se aproximaría ao da PS2, que se vende actualmente a 129,99 dólares, e tendo en conta que en setembro tamén chegará á Xbox 360 o xogo Rock Band 2 (en exclusiva para esta plataforma durante 2 meses) está claro que a consola de Microsoft podería reforzar a súa presenza no mercado norteamericano.
Non se sabe se en Europa será posible rebaixar a consola, pois xa custa 199 euros, e una rebaixa a 149 euros parece unha oferta demasiado boa para un dispositivo que aparte de servir para xogar, tamén funciona coma reprodutor multimedia de alta definición, aínda que hai que admitir que Microsoft soubo conter os custos de fabricación da súa consola, que xa leva tempo vendéndose con beneficios (estímase que a fabricación dunha Xbox 360 custa entre 140,15 e 182,19 dólares) mentres que Sony perde centos de dólares en cada PS3 vendida (xa que o seus custos de fabricación continúan a ser esaxerados).
A Xbox 360 podería baixar de prezo en setembro
Compartir Este Artigo
