
A asistencia a esta party é de balde e os participantes terán á súa disposición duchas e unha zona de acampada para tendas tipo iglú. Como en todo evento destas características, a organización non proporcionará ordenadores máis si unha tarxeta de rede ethernet con conector RJ-45 para poder conectarse aos auriculares, así como unha toma de corrente por usuario.
Ao longo dos tres días que dura o encontro informático, os asistentes poderán chatear, navegar pola Rede, probar videoxogos, participar nos distintos concursos ou asistir aos relatorios e obradoiros que a organización tén previstos para amenizar o evento; estes últimos, serán impartidos por expertos das diferentes materias relacionadas co mundo da informática.
As resevas para acudir ó encontro informático arousán poderanse realizar a través da páxina web da Asociación Sil, onde os interesados anotarán os seus datos persoais e a hora á que teñen previsto chegar ao recinto (que deberá ser anterior ás 22.00 horas do día 8 de agosto). A partires desa hora, segundo vén de anunciar a organización, as reservas perden a súa validez e todas as prazas dispoñibles “poderán ser cubertas, por orde de chegada, por calquera dous usuarios que se acheguen ao recinto”.
Galaecia.net conta xa con máis dun cento de internautas inscritos
Compartir Este Artigo

