Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fillos.org supera os 6.000 membros e afiánzase entre as principais comunidades virtuais da emigración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fillos.org supera os 6.000 membros e afiánzase entre as principais comunidades virtuais da emigración

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/08/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fillos.orr.jpgFillos.org, portal da emigración galega que ten xa tras de si máis dunha década unindo aos galegos do exterior e do interior a través das novas tecnoloxías, vén de superar a cifra de seis mil usuarios rexistrados. Con este número total de afiliados e con claras perspectivas de ampliación a curto e medio prazo, a comunidade virtual sitúase entre as oito de maior envergadura do mundo. Con todo, e tal e como dixemos, Fillos.org leva anos suxeita a un proceso de medre constante. A clave disto probablemente estea no feito de non seguir, a diferenza dalgunhas entidades actualmente situadas entre as 10 de meirande magnitude, unha liña exclusivista. De feito, non se requiren máis requisitos para pertencer á comunidade (que é de balde) que sentirse galego ou galega, con independencia de ter nacido na nosa terra ou ter orixes nela. Segundo indicou hai uns días o secretario de Fillos.org, Manuel Casal Lodeiro (na imaxe, á esquerda), o colectivo tivo un medre superior ao 20% no número de usuarios ao longo do último ano.
Asemade, calcúlase que de manterse esta tendencia superarase a liña dos 10.000 afiliados nun prazo de 24 meses. Neste intre, e para afacerse ás novas circustancias, a comunidade atópase metida de cheo nun proceso de apliación de recursos, tanto técnicos como humanos (traballadores e voluntarios) co fin de poder afrontar a xestión do servizo nas condicións máis idónea para os seus usuarios. Así, está nos plans da organización a apertura dunha sede ou delegación en Santiago de Compostela co fin de estreitar a comunicación coas institucións galegas e co tecido cultural galego. Polo de agora e para ir asentando o terreo, xa están manter contactos con algunhas entidades públicas co obxectivo de obter un espazo onde habilitar a súa sede galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?