Seguindo os pasos do iPhone e a AppStore creada por Apple, Google presenta o Android Market, que será o lugar no que localizar as aplicacións para a súa plataforma móbil, que contará cun sistema de puntuación e feedback semellante ao de YouTube.
Agárdase que para finais de ano comecen a chegar ao mercado os primeiros móbiles baseados en Android, polo que comezan a colocar os alicerces sobre os que se sosterá tal plataforma, de aí que xa anuncien o sistema de descarga e venda de aplicacións, que parece ser a nova tendencia nos teléfonos intelixentes fronte á táctica anterior de precargar aplicacións por parte do fabricante ou de operadoras de telecomunicacións.
Dende Google decidiron que a súa tenda de aplicacións se chamaría Market (mercado) porque os desenvolvedores terán certa liberdade para a publicación de contidos, pois non pretenden impor o control que actualmente aplica Apple á súa tenda virtual (da que xa retirou e vetou varias aplicacións).
Google presenta o que será o mercado de aplicacións para os móbiles con Android
Compartir Este Artigo
